error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

www.cambrexoven.com

Colabora escribiendo tus noticias
Home noticias Asuntos sociales ABERTO PRAZO DE PRESCRICIÓN PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PARA MENORES DE 3 ANOS

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.

Top Autores

admin: 444 Articles
Antonio: 58 Articles
gelines: 50 Articles
anxo: 35 Articles
El enterrador: 15 Articles
Thor: 8 Articles
liberdade: 8 Articles
Ludisport: 1 Articles
censuras: 1 Articles
moito moito: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Juguemos al fútbol
Veces jugadas: 596
 
Gladiator
Veces jugadas: 604
 
Premiere FoosBall
Veces jugadas: 582
 
Penguin Push
Veces jugadas: 605
 
Frogger
Veces jugadas: 630
 

Usuarios en linea

Tenemos 304 invitados y 3 miembros conectado(s)
comprate un chihuahua
Animales (05.03.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
Yorkshire Enana
Animales (20.02.2010)


 
= Ad with Photo
ABERTO PRAZO DE PRESCRICIÓN PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PARA MENORES DE 3 ANOS
Blogs - Asuntos sociales
9805 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 03 de Abril de 2008 16:00

prazo: do 4 de abril ao 13 de maio  ambos inclusive

requisitos:

1. estar residindo na comunidade autónoma de galicia

2. ter fillos nacidos entre o 2 de xaneiro do 05 e o 1 de xaneiro de 08, ambos inclusive

3. non superar no 06 os 22.000 euros a unidade familiar





Axuda/Subvención: Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

 

Organismo: Vicepresidencia da Igualdade e Benestar

 

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.

Quedan excluídas aquelas unidades familiares cuxos ingresos, considerados de forma individual ou conxunta segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2006 os 22.000 euros, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2006 e o 31 de decembro de 2007, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil. Cando non sexa

necesaria a inscrición, a prestación concederase a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

- En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

- Os estranxeiros que residan en Galicia poderanse beneficiar desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades

dos estranxeiros en España e os requisitos establecidos nesta norma, e tivesen a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

- As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Tipo de axuda e contía: A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

 

Prazos: Do 4 de abril ao 14 de maio de 2008, ambos os dous incluídos.

 

Presentación de solicitudes: As solicitudes dirixiranse á Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar e a presentación das mesmas poderase facer por dúas vías: 

a) Vía escrita:

A solicitude mais a documentación requirida presentaranse no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Vía telemática:

 

Publicación: DOG nº 64, 3 de abril de 2008

 

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/018bde07f8d1bf72c125741f004eb945/$FILE/06400D004P037.PDF
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.