En este enlace puedes encontrar postales para enviar a tus amigos.
Aunque en principio van a ser pocas, las iremos aumentando semanalmente.
Si tienes alguna que quieras que aparezca en la web (que no tenga
copyright por supuesto) puedes enviarla a
|
Minicentrais e muíños a dedo: o saqueo do país non pode quedar impune |
|
|
|
|
escrito por gelines
|
|
31/07/08 |
O informe do Consello de Contas pon de actualidade o que ADEGA e COGADER (Coordenadora Galega en Defensa dos Ríos) denunciaron xa hai anos: o escandaloso proceder dunha administración que utilizaba os nosos recursos naturais para o reparto de prebendas entre amigos, cuñados, etc. através da concesión irregular de encoros e parques eólicos. Foi xa que logo, un saqueo en toda regra. Mais ADEGA quere ir máis aló de esixir responsabilidades políticas e penais (que xa investiga o fiscal) aos culpábeis deste saqueo. O actual governo ten o deber de non ser cómplice deses manexos, e impedir que continúe tramitación de minicentrais concedidas irregularmente. Hai mecanismos como a caducidade ou o resgate das concesións, a revisión dos estudos e declaracións de impacto e mesmo a anulación das adxudicacións polos motivos que aponta o Consello de Contas, que a Xunta debería exercer para non ser cómplice dos manexos de Ordás Badía, Castro Valdivia, Fontenla, Paco Vázquez e demáis compaña. + info en www.adega.info
Votar favorito (48) | Visto: 1553
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |