Inicio arrow Directorio local arrow Asuntos sociales arrow Outro atentado ao Patrimonio e ao Medio Ambiente en Cambre

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (282 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (33 art.)
censuras (1 art.)
El enterrador (8 art.)
gelines (33 art.)
liberdade (9 art.)
moito moito (1 art.)
san benito (1 art.)
Thor (4 art.)

Webs amigas

 


Google
Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
Puedes enviarnos tu enlace o enlaces a la dirección de correo webxoven@gmail.com y lo incluiremos a la mayor brevedad.


Outro atentado ao Patrimonio e ao Medio Ambiente en Cambre PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por gelines   
22/05/08
Árbores centenarias caen en Sigrás, en pleno Camiño Inglés, coa pasividade do Alcalde.
Alertados por veciños do lugar, os concelleiros do grupo municipal do BNG , Sindi Becerra e Xabier Iglesias, acudiron hoxe ao lugar de Sobrecarreira, en Sigrás, onde comprobaron á desfeita que se está a producir nun tramo do Camiño Inglés dos mellor conservados no municipio.

Trátase do abatemento de árbores centenarias que configuraban un dos tramos máis senlleiros do Camiño. “Este atentado, non é so medioambiental, afecta a un dos valores patrimoniais máis senlleiros do noso Concello”, explicaron os concelleiros nacionalistas, indignados pola racha de destrución do medio natural que se está a producir en Cambre nos últimos tempos.

Sindi
Becerra lembrou que o Camiño Inglés é patrimonio, non só de Cambre e dos seus veciños, que é un valor patrimonial de Galiza e, é obriga do goberno local velar pola súa protección integral.

Os concelleiros do BNG, logo da comprobación deste atentado, dirixíronse ao concello, onde formularon unha denuncia na que piden a depuración de responsabilidades de todos os actores implicados, incluída a propia
administración local. “Resulta sorprendente, dixeron, que no concello
confirmaran que esta tala se estaba a producir sen licenza e, aínda así, miran para outro lado” “ Como pensan restaurar a legalidade urbanística? Como cren que castiñeiros e piñeiros de máis dun metro de diámetro poderán volver ao sitio de onde os arrincaron?”
expresaron os membros do BNG recollendo a
indignación dos veciños do lugar.

A publicidade da organización dunhas xornadas dedicadas ao medioambiente para principios de xuño, por parte do goberno local, foi
cualificada como un insulto á cidadanía polos representantes do BNG, que recordaron, que con esta, son catro as talas ilegais que levan denunciadas no último mes e medio. “Esta é a posta en valor do noso medioambiente que
práctica o goberno local, permitir a súa destrución”
, dixeron.

Os concelleiros nacionalistas manifestaron que mentres iso ocorre, o Alcalde anda de viaxe, e as concelleiras de Cultura e de Medioambiente –
veciñas do lugar-, nin se sabe.

Fonte da nova: Gabinete de comunicación do BNG de Cambre

Albún do desastre

Como era o camiño coas árbores
Votar favorito (38) | Visto: 1963

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons