| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (282 art.) | |
| Antonio (33 art.) | |
| anxo (33 art.) | |
| censuras (1 art.) | |
| El enterrador (8 art.) | |
| gelines (33 art.) | |
| liberdade (9 art.) | |
| moito moito (1 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (4 art.) |
| Outro atentado ao Patrimonio e ao Medio Ambiente en Cambre |
|
|
|
| escrito por gelines | ||||||
| 22/05/08 | ||||||
|
Alertados por veciños do lugar, os concelleiros do grupo municipal do BNG , Sindi Becerra e Xabier Iglesias, acudiron hoxe ao lugar de Sobrecarreira, en Sigrás, onde comprobaron á desfeita que se está a producir nun tramo do Camiño Inglés dos mellor conservados no municipio. Trátase do abatemento de árbores centenarias que configuraban un dos tramos máis senlleiros do Camiño. “Este atentado, non é so medioambiental, afecta a un dos valores patrimoniais máis senlleiros do noso Concello”, explicaron os concelleiros nacionalistas, indignados pola racha de destrución do medio natural que se está a producir en Cambre nos últimos tempos. Sindi Becerra lembrou que o Camiño Inglés é patrimonio, non só de Cambre e dos seus veciños, que é un valor patrimonial de Galiza e, é obriga do goberno local velar pola súa protección integral. Os concelleiros do BNG, logo da comprobación deste atentado, dirixíronse ao concello, onde formularon unha denuncia na que piden a depuración de responsabilidades de todos os actores implicados, incluída a propia administración local. “Resulta sorprendente, dixeron, que no concello confirmaran que esta tala se estaba a producir sen licenza e, aínda así, miran para outro lado” “ Como pensan restaurar a legalidade urbanística? Como cren que castiñeiros e piñeiros de máis dun metro de diámetro poderán volver ao sitio de onde os arrincaron?” expresaron os membros do BNG recollendo a indignación dos veciños do lugar. A publicidade da organización dunhas xornadas dedicadas ao medioambiente para principios de xuño, por parte do goberno local, foi cualificada como un insulto á cidadanía polos representantes do BNG, que recordaron, que con esta, son catro as talas ilegais que levan denunciadas no último mes e medio. “Esta é a posta en valor do noso medioambiente que práctica o goberno local, permitir a súa destrución”, dixeron. Os concelleiros nacionalistas manifestaron que mentres iso ocorre, o Alcalde anda de viaxe, e as concelleiras de Cultura e de Medioambiente – veciñas do lugar-, nin se sabe. Fonte da nova: Gabinete de comunicación do BNG de Cambre Albún do desastre Como era o camiño coas árbores Votar favorito (38) | Visto: 1963
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons