Directorio local
Concursos y oposiciones
VII CONCURSODE ESCAPARATES DE NADAL, VIVE O NADAL EN CAMBRE | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (283 art.) | |
| Antonio (34 art.) | |
| anxo (33 art.) | |
| censuras (1 art.) | |
| El enterrador (8 art.) | |
| gelines (33 art.) | |
| liberdade (9 art.) | |
| moito moito (1 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (4 art.) |
| VII CONCURSODE ESCAPARATES DE NADAL, VIVE O NADAL EN CAMBRE |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 13/11/08 | ||||||
Bases1. O Concello de Cambre, a través da súa Concellería de Facenda, Comercio e Emprego convoca o VII Concurso de Escaparates de Nadal “Vive o Nadal en Cambre 2008”. 2. Poderán participar neste concurso todos/as os/as comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Cambre e que cumpran con todos os requisitos para o exercicio da actividade. 3. Para inscribirse no concurso, deberán entregar no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou da Casa das Palmeiras unha solicitude de inscrición, segundo o modelo creado para tal efecto. 4. O prazo de inscrición comezará ás 9:00 horas do día 1/12/2008 e finalizará ás 14:00 horas do día 05/12/2008. 5. Haberá dúas modalidades de concurso: 5.1. Concurso con xurado profesional: 5.1.1. O xurado estará composto por: - Un representante do Concello de Cambre, quen actuará como presidente do xurado. - Dous representantes do mundo comercial e/ou artístico, especializados na implantación de técnicas de merchandising e/ou no tratamento da imaxe. O/A máis novo/a de entre eles actuará como secretario/a do xurado. 5.1.1. Establécense catro categorías de premios dotados coas seguintes contías: - Primeiro premio: 900 euros (novecentos euros). - Segundo premio: 600 euros (seiscentos euros). - Terceiro premio: 300 euros (trescentos euros). - Accésit á orixinalidade: 300 euros (trescentos euros). Ditos premios estarán suxeitos ás retencións que se determine pola lexislación tributaria vixente. Con caracter previo ao outorgamento dos premios, comprobarase que os premiados propostos polo xurado están ao corrente das súas obrigas tributarias municipais, estatais e coa seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións. Non poderán obter a condición de premiados as persoas ou entidades nas que non concorran as circunstancias que permitan cualificalos como beneficiarios segundo o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, no artigo 10 da lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable. 5.1.1. O xurado resérvase o dereito a declarar os premios desertos, se o estimase oportuno. 5.1.2. A adxudicación dos premios farase en función dos puntos outorgables para os seguintes criterios: - A orixinalidade da decoración: ata 2 puntos. - A orientación comercial da decoración: ata 2 puntos. - A iluminación do establecemento: ata 2 puntos. - A adecuación da decoración ós tipos de produtos: ata 2 puntos - A realización da decoración polo/a propio/a empresario/a ou polos/as seus/súas empregados/as: ata 2 puntos. A excepción do premio “Accésit á orixinalidade”, onde só se terá en conta este criterio. 5.1.1. As decoracións dos establecementos serán examinadas polo xurado o día 15/12/2008 e hábiles sucesivos, se fora necesario. 5.2. Concurso con xurado popular: 5.2.1. As/Os veciñas/os ou compradoras/es do concello poderán emitir o seu voto mediante a votación electrónica no enderezo www.cambre.org. O prazo para realizar as votacións abranguerá entre ás 00:00 horas do día 15/12/2008 e ás 24:00 horas do día 19/12/2008. 5.2.2. Estes votos no serán tidos en conta para o outorgamento dos premios aos establecementos participantes. 6. O resultado do concurso, tanto na modalidade de xurado profesional como de xurado popular darase a coñecer o día 22/12/2008. 7. Aceptarase un único voto por persoa. Entre todos aqueles votos emitidos validamente de forma electrónica o día 22/12/2008 sortearanse 10 vales de compra por importe de 200 euros cada un, que deberán utilizarse nos establecementos que participen no concurso de escaparates e que serán válidos ata o día 15/01/2009. 8. O feito de participar neste concurso presupón a aceptación destas bases. + info no Boletín Nº 261. MiÉrcoles, 12 de noviembre de 2008 Votar favorito (55) | Visto: 1691
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 13/11/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons