Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (283 art.)
Antonio (33 art.)
anxo (33 art.)
censuras (1 art.)
El enterrador (8 art.)
gelines (33 art.)
liberdade (9 art.)
moito moito (1 art.)
san benito (1 art.)
Thor (4 art.)

Webs amigas

 


Google

Bolsas para deportistas concello de Cambre ano 2008 PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
09/05/08

Estas axudas serán compatíbeis con outras axudas, públicas ou privadas, que se concedan para a mesma finalidade.

A dotación total da presente convocatoria é de 11.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 101/452/48908, cun límite máximo por bolseiro de 1.200,00 euros.

O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 10 de maio ata o 16 de xuño de 2008

Beneficiarios: Poderán participar nesta convocatoria os deportistas do concello de Cambre que reúnan os seguintes requisitos:

1.-Estar empadroado no Concello de Cambre cunha antigüidade de, polo menos, catro anos consecutivos, no momento da solicitude.

2.-Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.

3.-Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude.

4.-Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións (poderase estudar a posibilidade de acceder a estas bolsas participando en competicións autonómicas que se consideren de interese).

5.-Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

 

Documentación: As solicitudes de bolsas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no modelo normalizado, que se facilitará neste rexistro ou na sección de deportes, e no que constará:

1. Solicitude da subvención segundo modelo normalizado.

2. Resumo do historial deportivo.

3. Certificado federativo sobre a participación e clasificación nas competicións durante o ano anterior ao da solicitude.

4. Proxecto deportivo, a desenvolver durante o ano da solicitude, no que se incluirá necesariamente:

4.1.-Data, lugar, número e duración das competicións.

4.2.-Nivel da competición (nacional, internacional).

4.3.-Categoría da competición (absoluta, previa a absoluta...).

4.4.-Orzamento de gastos e ingresos estimados da tempada.

5. Copia da licenza federativa para a tempada 2008.

6. Autorización para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á axencia tributaria relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias.

7. Declaración xurada de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8. Xustificante do Padrón Municipal con data de alta.

9. Certificado dun número de conta corrente do que sexa titular o solicitante.

A sección de deportes revisará os expedientes de solicitudes e verificará que conteñan a documentación esixida. Se resulta que a documentación está incompleta ou defectuosa, requiriráselle ao solicitante para que no prazo de DEZ días a partir da data de notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, se entendera que desiste da súa solicitude.

 

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 10 de maio ata o 16 de xuño de 2008. De forma excepcional poderanse admitir solicitudes fóra deste prazo cando concorra algún dos seguintes supostos:

1.-O deportista solicitante acceda a probas de nivel (nacionais ou internacionais) por clasificación en probas menores logo do prazo de solicitude.

2.-O deportista solicitante sexa seleccionado durante a tempada para probas de nivel (nacionais ou internacionais) despois do prazo de solicitude.

 

Publicación: BOP Nº 106, Venres 9 de maio de 2008

 

Máis información: http://www.dicoruna.es/bop/2008/05/09/08-5565-0.htm
Sección de Deportes do Concello de Cambre:  Adro, s/n Tlf  981.613.186 (de 9 a 14 h.)
Fonte boletín de Cambre.


Votar favorito (65) | Visto: 2857

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

Modificado el ( 09/05/08 )
 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons