| Tamaño letra |
|---|
| Usuarios |
|---|
| Inicio | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Mas ... | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Juego al azar | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||
| Ads de Google | |
|---|---|
|
|
| Empleo | |
|---|---|
|
| Entretenimiento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
| Recomendamos | |
|---|---|
|
| Deja tu mensaje | ||
|---|---|---|
|
|
| Escriben | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Total usuarios | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Sindicaciones |
|---|
| Estadisticas |
|---|
|
OS: Linux i PHP: 5.2.6 MySQL: 5.0.51a-log Hora: 01:53 Caching: Enabled GZIP: Enabled Usuarios: 159 Noticias: 344 Enlaces: 131 |
| Otros blogs |
|---|
|
www.corunacity.com www.culleredoxove.com www.carralxoven.com www.cambrexoven.com www.oleirosxoven.com www.betanzosweb.com www.melidexove.com |
| Webs amigas |
|---|
| Bolsas para deportistas concello de Cambre ano 2008 |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 09/05/08 | ||||||
|
A dotación total da presente convocatoria é de 11.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 101/452/48908, cun límite máximo por bolseiro de 1.200,00 euros. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 10 de maio ata o 16 de xuño de 2008Beneficiarios:
Poderán
participar nesta convocatoria os deportistas do concello de Cambre que reúnan os
seguintes requisitos: 1.-Estar
empadroado no Concello de Cambre cunha antigüidade de, polo menos, catro anos
consecutivos, no momento da solicitude. 2.-Estar en
posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no
momento da solicitude. 3.-Acreditar
nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da
solicitude. 4.-Competir,
no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia nacional ou
internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións (poderase
estudar a posibilidade de acceder a estas bolsas participando en competicións
autonómicas que se consideren de interese). 5.-Non estar
incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a
condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, xeral de subvencións). Documentación: As
solicitudes de bolsas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no modelo
normalizado, que se facilitará neste rexistro ou na sección de deportes, e no
que constará: 1.
Solicitude da subvención segundo modelo normalizado. 2.
Resumo do historial deportivo. 3.
Certificado federativo sobre a participación e clasificación nas competicións
durante o ano anterior ao da solicitude. 4.
Proxecto deportivo, a desenvolver durante o ano da solicitude, no que se
incluirá necesariamente: 4.1.-Data,
lugar, número e duración das competicións. 4.2.-Nivel da
competición (nacional, internacional). 4.3.-Categoría
da competición (absoluta, previa a absoluta...). 4.4.-Orzamento
de gastos e ingresos estimados da tempada. 5.
Copia da licenza federativa para a tempada 2008. 6.
Autorización para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios
á axencia tributaria relativos ao cumprimento das súas obrigas
tributarias. 7.
Declaración xurada de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa
Seguridade Social. 8.
Xustificante do Padrón Municipal con data de alta. 9.
Certificado dun número de conta corrente do que sexa titular o
solicitante. A sección de
deportes revisará os expedientes de solicitudes e verificará que conteñan a
documentación esixida. Se resulta que a documentación está incompleta ou
defectuosa, requiriráselle ao solicitante para que no prazo de DEZ días a partir
da data de notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os
defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, se
entendera que desiste da súa solicitude. Prazo de presentación de
solicitudes: O prazo para
a presentación de solicitudes será dende o 10 de maio ata o 16 de xuño de
2008.
De forma
excepcional poderanse admitir solicitudes fóra deste prazo cando concorra algún
dos seguintes supostos: 1.-O
deportista solicitante acceda a probas de nivel (nacionais ou internacionais)
por clasificación en probas menores logo do prazo de
solicitude. 2.-O
deportista solicitante sexa seleccionado durante a tempada para probas de nivel
(nacionais ou internacionais) despois do prazo de
solicitude. Publicación: BOP Nº 106, Venres
9 de maio de 2008 Sección de Deportes do Concello de Cambre: Adro, s/n Tlf 981.613.186 (de 9 a 14 h.) Fonte boletín de Cambre. Votar favorito (42) | Visto: 1526
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 09/05/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons