Inicio arrow Música en Galicia
Tamaño letra
A+ | A- | Reset
Usuarios
Inicio
Inicio Inicio
Mapa del sitio
Nuestra localidad
Calendario de eventos
Directorio local
Buscar en este sitio
Mas ...
Chat Chat
Libro de visitas
Anuncios gratis
Foros Foros
Encuestas
Usuarios de la web
Fotos de los usuarios
Ads Google
Empleo
Ofertas de empleo
Entretenimiento
Postales para enviar
Chistes diarios
Traduce con google
Horóscopo
Juegos
Recomendamos
Webs útiles Webs útiles
Escriben
admin (244 art.)
Antonio (23 art.)
anxo (30 art.)
censuras (1 art.)
El enterrador (8 art.)
gelines (28 art.)
liberdade (9 art.)
moito moito (1 art.)
Thor (3 art.)
Otros blogs
www.corunacity.com
www.culleredoxove.com
www.carralxoven.com
www.cambrexoven.com
www.oleirosxoven.com
www.betanzosweb.com
www.melidexove.com
Webs amigas
 



Google

Música en Galicia
MÚSICA EN GALICIA | MeGA | culturagalega.org
Noticias sobre a música en Galicia

Logo culturagalega.org
  • Som do Galpom gaña o II Nsaio no Camiño
    O quinteto de Ames Som do Galpom fíxose gañadro do II Certame Nsaio no Camiño, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e o Xacobeo. O grupo asinará agora un contrato cunha discográfica estatal e outro cunha empresa de management. Canda a eles, chegaron á final Maryland, Telémaco, Sinefres e Loba Loo dos 150 grupos que se inscribiron no certame. Os finalistas terán agora a oportunidade de participar en circuítos de música ao vivo e diferentes eventos.

  • O teatro galego comparte protagonismo nas programacións de Santiago e Vigo
    Diferentes entidades presentan estes días a súa programación cultural para os vindeiros meses. Onte fíxoo o concello de Santiago que segue fiel ao seu estilo programando teatro galego, o ciclo de Lied mais o regreso do programa de baile SCQ Danza. Ademais, coincide co inicio da temporada da Real Filharmonía de Galicia que ofrecerá un concerto na Catedral o vindeiro día 26. Pola súa parte, o Teatro Principal de Ourense acollerá 23 espectáculos nos que se pon o énfase no teatro galego e no ballet clásico. Ademais, os programadores presentaron un ciclo de música de cámara todos os xoves co que pretenden combater a idea de que a música é só para as elites.

  • Fuxan os ventos ofrecerá dous concertos en Santiago tras vinte anos da súa última actuación
    Hai máis de dúas décadas que o grupo Fuxan os Ventos decidiu poñer punto e final a unha traxectoria de máis de trinta anos e oito disco editados. Despois de todo este tempo,os seus compeñentes decidiron voltar ao escenario para dous concertos. Son os que fan parte do ciclo Sons da Diversidade que organiza a concellaría de Cultura en Santiago e no que porán en escena o espectáculo Terras de soño. Nas sesións recuperarán as súas cancións máis senlleiras como A Carolina ou A Sementeira na compaña dalgúns dos “seus mellores amigos”, tal e como figura na nota de prensa remitida. A cita será os días 18 e 19 de outubro en Santiago.

  • Xa están decididos os cinco grupos finalistas do certame Nsaio no Camiño
    A clasificación esta pasada fin de semana dos boirenses Sinefres (rock) e dos composteláns Loba Loo (folk) pecha o cartel de finalistas desta II edición de Nsaio no Camiño que se completa con Maryland (categoría pop), Som do Galpom (mestizaxe) e Telémaco (novos valores). Lugo acollerá este xoves, 4 de setembro, a fase final deste certame na que competirá un grupo por cada unha das categorías musicais do certame. Un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño 2008. O premio será a gravación dun disco nun dos mellores estudos de gravación de España e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e máis un contrato de management. O traballo discográfico será distribuído e promovido en todo o Estado. O artista consagrado que respaldará este concerto será o grupo de rock e tex-mex Los Lobos.

  • O primeiro disco de Indana Bichos sae hoxe á venda
    Desde hoxe xa se pode adquirir nas principais tendas de discos de Galicia, así como a nivel estatal en en Fnac, El Corte Inglés, Gong e Elkar o disco Bichos, primeiro traballo discográfico do grupo Indana. O disco é un traballo autoeditado con 10 temas e gravouse nos estudios Oceano de Vigo, con Javier Abreu aos mandos técnicos e nel o cuarteto santiagués plasma o seu peculiar son de rock alternativo con diversas influenzas. O disco, que distribúe a Lonxa Cultural, tamén se pode mercar a través do sitio web do grupo e aínda non se coñecen as datas de presentación en directo dos seu temas, cousa que se saberá nos vindeiros días. Indana foron os gañadores do certame Laiosa Soa 2007 de grupos noveis e no seu My Space poden escoitarse versións demo dos temas do seu disco así como vídeos das súas actuacións.

  • Vigo é o concello que máis inviste en concertos
    Con 2.1 millóns de euros, Vigo convértese na cidade galega que máis inviste en contratación de grupos musicais, por diante de A Coruña (2 millóns), Santiago (1.4 nas festas do Apóstolo e a Ascensión) e Lugo (1.3 millóns no San Froilán), segundo informa hoxe El Ideal Gallego. A Coruña, sen embargo, é a cidade que xuntou a máis público nos seus eventos musicais. A programación de concertos, ademáis, ten diferencias acusadas entre Vigo e A Coruña. Mentres a cidade olívica ten unha oferta máis variada en estilos e multicultural, A Coruña realiza unha selección de grupos "de moda" que satisfagan a un público máis heteroxéneo.

  • Arrinca o festival de jazz de Cangas
    A conexión entre o jazz da Grande Mazá e mais a vila mariñeira de Cangas é o eixe da XI edición de Canjazz, o festival dedicado a esta música que se celebra na localidade do Morrazo. O evento, que se desenvolve entre o 27 e o 29 de agosto, contará coa presenza de recoñecidos intépretes coma Marcus Strickland, Lage Lung ou Doris Cales. Canda a eles, cangueses de proxección internacional, coma o pianista Xan Campos e o batería Iago Fernández conforman un programa que se completa con jam sessions, pasarrúas e a gravación dun disco a cargo da formación Canjazz Reunion.

  • O Festival Crunia achega a Riazor bandas coruñesas de diferentes estilos
    Pop indie, cantautores, heavy, música electrónica ou folk son algúns dos ritmos que se poden escoitar ao longo desta semana na primeira edición do Festival Interurbano Crunia. O evento comezou o pasado sábado na cidade herculina coa actuación de MEU, Nouvelle Cuisine e La Habitación Roja, e prolongarase ata o vindeiro sábado cun total de vinte bandas da escena local que alternarán cunha formación foránea cada noite. A esplanada de Riazor acolle a partir das nove da noite estes concertos, que queren achegar unha oportunidade ás formacións coruñesas. Entre as propostas atopamos grupos coma Flowclóricos, Ruxe Ruxe, Porretas ou Los Coronas entre moitos outros.

  • Primeira canción e videoclip do disco en solitario co que Miguel Costas volve a escena musical
    Miguel Costas, membro fundador e compositor de parte do repertorio máis coñecido de grupos como ”Siniestro Total” , ”Aerolíneas Federales” ou ”Los Feliz” xa ten a piques de saír o seu primeiro disco en solitario “Condenados a Costas” que ven sendo o número 17 da súa carreira e que estará á venda o 13 de outubro. O músico volve á escena musical despois de catro anos de silencio tras rematar con Los Feliz e das súas actuacións con A banda Turca. No seu novo disco, editado pola discográfica independente G. Domani Records, Costas ofrece himnos rock & roll no estilo que tantos éxitos le supuxo na súa etapa con Siniestro Total, o seu primeiro sinxelo é a canción “Baja el pantalón” que xa se pode escoitar e da que hai gravado un videoclip no que aparecen moitos veciños do músico da localidade de Escairón, onde vive actualmente. Acompañado dos músicos Juan Naya, Landy e Tony, Miguel Costas iniciará o vindeiro 30 de agosto en Vilalba a xira 2008-2009 na que tamén está prevista unha actuación nas Festas de San Froilán en Lugo xunto cos vigueses Def Con Dos.

  • O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
    O Ateneo Ferrolán decidiu conceder a Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ao programa da TVG “ALALÁ” pola súa labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O acordo tomado en Xunta Directiva polo xurado dos prestixiosos premios de gaita recoñece así a este programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar García Rego que xa ten no seu haber outros importantes premio como o galardón ao mellor programa de Tradición musical outorgado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión en 2007 e o Premio Galicia Comunicación da Xunta no mesmo ano. A entrega do premio terá lugar o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

  • O Teatro Colón estreará a ópera galega “Camiñar polo arame cunha lata de cervexa”
    A Coruña conta cunha gran tradición operística. Desde hai varias décadas existe unha asociación que organiza un festival de ópera, hai outro a maiores dedicado a Mozart e, ademais, nesta cidade estrearase en breve unha ópera contemporánea. Leva por título Camiñar polo arame cunha lata de cervexa e Juan Durán é o compositor e Manuel Lourenzo o dramaturgo. A ópera galega, que se estreará o vindeiro 13 de setembro (ás 21:00 horas), contará coa participación do Grupo Instrumental Século XXI, o barítono Javier Franco e a sorprano Carme Durán e a escenografía é de Rodrigo Roel.

  • Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo
    O trío coruñés gravará en directo o que será o seu primeiro disco no pub Garufa, do que ademais do son tamén collerán o nome para o disco. En “Garufa ye-ye” Fernando Esclusa, José M. Martínez e Tito Ritman plasmarán o seu directo no que repasan a música pop dos anos sesenta e setenta tanto española como anglosaxona ou americana. O concerto, que terá lugar ás 23 horas deste xoves 14 de agosto, durará unha hora e media e a entrada é libre, aínda que aforo é limitado. Os tres músicos levan desde o pasado ano dando concertos como Los Mecánicos e proceden de outras bandas da cidade como Guru Deva, Deluxe, The Majestics e a Tribeca Band. Previsiblemente o disco sairá editado por Wonderland Discos.


Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons